  |
31/10/2008 - FETE-UGT ESIXE Á XUNTA O DESBLOQUEO DO DECRETO DO CURRICULO DE EDUCACIÓN INFANTIL. |
- O ditame do Consello Escolar de Galicia foi emitido xa hai máis dun Ano. Laura Sánchez Piñón afirma que só falta o trámite de aprobación polo Consello da Xunta.
- A Federación de Traballadores do Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT Galicia)
considera inadmisible e irresponsable a non publicación do Decreto de Educación Infantil por parte do CONSELLO DA XUNTA e esixe á Xunta de Galicia o seu inmediato desbloqueo por estar incumplindo o calendario de implantación da LOE.
- FETE-UGT demanda que a etapa educativa de 0 a 3 anos pase a depender orgánicamente da Consellería de Educación. [Ampliar]
|
| |
  |
28/10/2008 - ENTREVISTA DE FETE-UGT
COA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN. |
- A Conselleira
de Educación
comprométese con FETE-UGT a convocar a comisión
de seguimento do Acordo Retributivo. E tamén,
a petición de FETE-UGT, Dna. Laura Sánchez
Piñón se comprométe a cumprir o acordo
asinado o 8 de xuño de 2008 completando os cadros
de persoal dos centros de ensino Primario e Infantil. [Ampliar]
|
| |
  |
05/10/2008 - 5 DE OUTUBRO DE 2008. DÍA MUNDIAL DO DOCENTE. - UGT RECLAMA O RECOÑECEMENTO DO LABOR DO PROFESORADO |
No Día Mundial dos
Docentes, que se celebra cada 5 de outubro, a Internacional
da Educación (I.E.) chama a atención, nesta
ocasión co slogan “os docentes si contan”.
Os docentes alzarán a súa voz para explicar
que en millóns de aulas de todo o mundo se
leva a cabo o esforzo universal do ensino e a aprendizaxe
no que o profesorado é unha peza fundamental.
[Ampliar]
|
| |
  |
10/07/2008 - VALORACIÓN de FET-UGT DO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2008-09. |
A FETE-UGT de Galicia incide na valoración negativa da restricións no profesorado de secundaria e esixe máis coordinación e garantías nas dotacións de profesorado ós centros. FETE-UGT tamén demanda que a Consellería de Educación e O.U., cumpra os compromisos adquiridos e que ó longo do presente curso teña lugar a negociación, entre outros, dos temas que relacionamos. [Ampliar]
|
| |
  |
10/07/2008 - FETE-UGT ESIXE DOTACIÓN PROFESORADO PARA ENSINO DE CALIDADE. |
A FETE-UGT de Galicia esixe da Consellería de Educación que respecte os acordos asinados en materia de persoal e que manteña as actividades que os centros desenvolven para innovar, renovar, dinamizar e levar adiante proxectos educativos que contribúen decididamente á mellora da calidade do sistema educativo en Galicia. [Ampliar]
|
| |
  |
17/06/2008 - ROLDA PRENSA CAMPAÑA RATEO EDUCACIÓN INFANTIL. |
A FETE-UGT/Galicia, despois de levar a cabo unha campaña de recollida de sinaturas do profesorado do corpo de mestres que imparte nos centros públicos de educación infantil, presenta os resultados aos medios de comunicación. O profesorado de infantil dos centros públicos de Galicia esixe un agrupamento do alumnado de 3, 4 e 5 anos que non supere os 15 alumnos en idades mesturadas nin os 20 en idades iguais. [Ampliar]
|
| |
  |
| 13/06/2008 - NOTA PRENSA EN RELACIÓN CO BACHARELATO E A XORNADA ESCOALR. |
|
| |
| |
| |
  |
| 30/05/2008 - ENÉRXICA QUEIXA CONTRA O SISTEMA DE TRAMITACIÓN DO FAS. |
FETE-UGT Galicia presentou na Consellería de Educación unha enerxica queixa contra o sistema de tramitación do FAS e solicita a ampliación dos prazos, instando a que tome as medidas oportunas para subsanar as disfuncións informáticas que a cotío se están producindo para xestionar as solicitudes. [Ampliar]
|
| |
  |
| 22/05/2008 - FETE-UGT DENUNCIA AS IRREGULARIDADES DAS GALESCOLAS DE VICEPRESIDENCIA. |
Texto completo do comunicado que se facilitou na Rolda de Prensa do 22 de maio, convocada pola FETE-UGT para denunciar as irregularidades que se están producindo nas Galescolas dependentes de Vicepresidencia da Xunta de Galicia. [Ampliar]
> Instantánea dun momento da rolda de prensa na que estiveron presentes (de esquerda a dereita) Gerardo Morano, Sº Executivo de FETE-UGT Galicia, Mariano García, Sº Xeral FETE-UGT Galicia e Antonio Álvarez Cisneros Sº Xeral FETE-UGT Coruña.
|
| |
  |
| 19/05/2008 - COMUNICADO: A CIG MANIPULA E ENGANA AO PROFESORADO. |
É necesario recordar que CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF (“os outros sindicatos”) asinamos o ACORDO DE 30 DE ABRIL DE 2007 que permitiu suspender a folga do 03 de maio e comprometeu á Conselleira a negociar o ACORDO DE 09 DE XUÑO DE 2007 asinado por CIG, CCOO, UGT, ANPE e CSIF e que estableceu a reducción da xornada semanal do profesorado do corpo de mestres, pero tamén a xornada de 25 horas semanais para o alumnado todo o ano. [Ampliar]
|
| |
  |
| 12/05/2008 - COMUNICADO: ASEMBLEA DO PROFESORADO DE SECUNDARIA. |
FETE-UGT de Galicia levou a cabo hoxe unha asemblea no CIFP Monte de Conxo de Santiago para informarlle ó colectivo de profesorado de Secundaria das negociacións, accións e reivindicacións para modificar a atribución horaria do Bacharelato LOE en Galicia. O profesorado participante acorda xuntamente con FETE-UGT proseguir con esta reivindicación. [Ampliar]
> Instantánea dun momento da Asemblea, con Mariano González (S. X de FETE-UGT Galicia) e Raúl Gómez (Sec. de Ensino Público) dirixíndose aos asistentes.
|
| |
  |
| 11/05/2008 - QUE VENDE O SR. ANXO QUINTANA?. |
As galescolas? Pois vai ser que non. O benestrar social? De quen? Dos traballadores dende logo non. FETE-UGT loita pola estabilidade no emprego e por un convenio único PARA TODO O COLECTIVO. As promesas son para cumprilas. [Ampliar]
|
| |
  |
| 08/05/2008
- UNHA HORA MÁIS PARA EDUCACIÓN FÍSICA
E UNHA HORA MENOS PARA ___________CIENCIAS
DO MUNDO CONTEMPORÁNEO. |
|
| |
  |
01/05/2008 - AS MENTIRAS DA CIG CONFUNDINDO AO PROFESORADO
---------------SINDICALISMO
OBSOLETO E TRASNOITADO |
Como membro do Consello Escolar de Galicia (CEG) en representación da UGT, e polo tanto de todos os traballadores do ensino, teño que facer unhas aclaracións a todo o profesorado sobre o sucedido na reunión do mesmo onde se tratou e debateron as emendas ao Borrador do Proxecto de Bacharelato en Galicia. Non se pode mentir compañeiros nin confundir ao profesorado. [Ampliar]
|
| |
  |
17/04/2008 - A TODO O PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO DE GALICIA:
>> >>>>>>> NON AS DEMAGOXIAS SI Á NEGOCIACIÓN |
FETE-UGT maniféstase en contra da Consellería de Educación na ordenación e o Currículo de Bacharelato na comunidade autónomoa de Galicia no que se refire ao horario que presenta. [Ampliar]
|
| |
  |
| 18/03/2008 - PRIORIDADES DE FETE UGT PARA O NOVO GOBERNO SOCIALISTA |
FETE-UGT considera que o novo Goberno ha de conceder prioridade a tres cuestións, como son: a estabilidade do sistema educativo, un orzamento axeitado e o recoñecemento social dos traballadores do ensino. [Ampliar]
|
| |
  |
| 14/01/2008 - SOBRE A XORNADA ÚNICA. |
Na reunión mantida o día 11 de xaneiro de 2008 polas OOSS da Mesa Sectorial, sobre a xornada única, as organizacións sindicais acordamos unitariamente mobilizarnos para reclamar da Consellaría de Educación un novo proxecto de orde para a implantación da xornada única en sesión de mañá. [Ampliar]
|
| |
| |
2007 |
| |
  |
| 26/12/2007 - ÚLTIMAS NOVAS SOBRE O ACORDO DE XORNADA ÚNICA. |
As organizacións sindicais acordamos unitariamente mobilizarnos para reclamar da Consellaría de Educación un novo proxecto de orde para a implantación da xornada única en sesión de mañá. [Ampliar]
|
| |
  |
| 27/11/2007 - ENTREVISTA DA FETE-UGT GALICIA COA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN. |
O Secretario Xeral de FETE-UGT Galicia, Mariano García González, xunto cos Secretarios de Sector Raúl Gómez Farto, de Pública; Ángeles Villarnovo Coba, de PAS; Gerardo Morano Díaz, de Privada; e Benjamín Rey Sanjurjo, de Universidade; mantiveron unha entrevista coa Conselleira de Educación na que FETE-UGT lle presenta, como 1ª FORZA DO ENSINO EN GALICIA, as súas reivindicacións nos catro sectores que dependen desta consellería: ensino público, ensino privado, PAS (Persoal de Administración e Servizos) e Universidade.
- Aínda que a CONSELLEIRA SE COMPROMETEU a levar, no primeiro trimestre do curso que andamos, a NEGOCIACIÓN DA IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA con criterios máis flexibles á mesa sectorial, non deu resposta e IGNOROU OUTRAS REIVINDICACIÓNS.
- FETE-UGT anuncia CONFLITO COLECTIVO no caso de que non se solucione o COBRO DOS ATRASOS que se lle deben do ano 2006 aos traballadores do ENSINO CONCERTADO. [Ampliar]
|
| |
  |
| 11/09/2007 - VALORACIÓN DO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2007-2008. - FETE-UGT ESIXE O CUMPRIMENTO DOS ACORDOS. |
O Secretario de Pública de FETE-UGT Galicia, Raúl Gómez, fai unha valoración das principais problemáticas e reivindicacións sobre o inicio deste curso 2007-2008, entre outras, A chegada da LOE ás aulas. As Incidencias de confusión na confección dos horarios do profesorado do corpo de mestres. [Ampliar]
|
| |
  |
| 30/05/07 - DADO O PRIMEIRO PASO DUNHA REIVINDICACIÓN HISTÓRICA DA FETE-UGT SOBRE O CONVENIO ESPECÍFICO DO PROFESORADO DE RELIXIÓN |
O Secretario Xeral de FETE-UGT Galicia, Mariano García, reivindica a negociación dun convenio específico para o profesorado de relixión na mesa sectorial de educación. A administración manifesta estar de acordo con esta petición por medio do Subdirector Xeral de Persoal, José Luís Canosa. [Ampliar]
|
| |
  |
| 18/05/2007 - A CONSELLERÍA CONVOCA AO SECTOR O LUNS 21 DE MAIO |
Grazas á mobilización dos docentes de ensino privado concertado, a Consellería de Educación convoca ao sector para o vindeiro luns 21 de maio a negociar un acordo. FETE-UGT agarda que, nesa reunión, a Consellería de Educación convoque a Mesa de Negociación para alcanzar unha solución consensuada e satisfactoria entre as centrais sindicais. [Ampliar] |
| |
  |
| 09/05/2007 - MASIVA PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DE ENSINO CONCERTADO NA FOLGA DE HOXE E NA CONCENTRACIÓN EN SAN CAETANO. |
A Federación de Traballadoras e Traballadores de Ensino da UGT de Galicia, (FETE-UGT Galicia), como sindicato integrante da plataforma de ensino privado-concertado que chamou ao profesorado do sector a unha xornada de folga e mobilizacións diante das dependencias da Consellería de Educación en San Caetano, Santiago de Compostela, congratúlase polo masivo seguimento da folga, estimado en preto do 90% en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, e desexa amosar o seu agradecemento pola enorme afluenciade manifestantes á concentración. [Ampliar]
- >> Foto dun momento da concentración. |
| |
  |
| 24/04/2007 - FETE-UGT CHAMA Á FOLGA AOS TRABALLADORES DA CONCERTADA |
Dada a pasividade da Administración ante os nosos problemas e a intrasixencia das organizacións empresariais, FETE-UGT considera que a única resposta coherente é manter a convocatoria de folga prevista para o día 9 de maio e emprazar a todos os traballadores a unha concentración que terá lugar en Santiago ás 12:00 horas diante do Pazo de San Caetano. [Ampliar]
|
| |
  |
| 02/05/07 - DESCONVOCADA A FOLGA DO DÍA 3 DE MAIO: TODOS OS CENTROS DE GALICIA PODERÁN ACCEDER Á XORNADA CONTINUADA EN SETEMBRO E XUÑO. |
FETE-UGT xunto cos sindicatos que forman a Plataforma do ensino público (FETE-UGT, CC.OO., ANPE, CSIF, e STEG) desconvoca a folga de ensino público do 3 de maio.
- Garantía de que todos os centros poderán ter xornada continuada nos meses de setembro e xuño, só con solicitalo (no caso dos que non teñan transporte) e coa maioría simple do Consello Escolar do Centro (no caso de que teñan transporte). O punto 5 do preacordo que contempla esta circunstancia, foi modificado no ACORDO para que non quedasen dúbidas. [Ampliar]
> > Foto dun momento da sinatura do Acordo entre a Consellería de Educación e as Centrais Sindicais, UGT, CCOO, ANPE, CESIF e STEG, da Plataforma. [Ampliar]
|
| |
  |
| 25/04/2007 - XA ESTÁ BEN ! |
A Federación de Traballadoras e Traballadores de Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT Galicia), como a forza sindical coherente e reflexiva que é, sabe entender e afirmar que a unidade sindical é necesaria. Unha unidade na que todas as forzas sindicais teñan como único fin a defensa dos intereses dos docentes galegos. Non se poden tolerar actuacións baseadas exclusivamente no afán de protagonismo que algúns queren impor. [Ampliar]
|
| |
  |
| 24/04/2007 -
NOTA INFORMATIVA SOBRA AS MOBILIZACIÓNS DO ENSINO |
A Federación de Traballadoras e Traballadores de Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT Galicia), ante a manifesta intención de algunhas forzas sindicais por tratar unificar as reivindicacións e mobilizacións dos sectores de ensino privado e público, confundindo así aos colectivos implicados, vese na obriga de facer as seguintes puntualizacións ao respecto. [Ampliar]
|
| |
  |
| 18/04/2007 - ACORDOS REUNIÓN PLATAFORMA SINDICATOS |
A Plataforma, composta polos sindicatos da Mesa FETE-UGT, CC.OO., ANPE e CSIF,tras a reunión celebrada onte, manifestou na rolda de prensa posterior que a CIG-Ensino reconsidere a súa postura de ruptura unitaral da unidade sindical. [Ampliar] |
| |
  |
| 14/04/2007 - O PLENO DO CEG aPROBA PROPOSTA DE UGT DE HORARIO DA ESO |
O Pleno do Consello Escolar de Galicia incorporará ó ditame sobre o decreto do currículo da ESO a proposta de atribución horaria que a UGT transacionou na Comisión Permanente. [Ampliar]
|
| |
  |
| 12/04/2007 - FETE-UGT MOBILIZA AO PROFESORADO DO ENS. CONCERTADO. |
FETE-UGT mantivo unha Rolda de Prensa hoxe para informar do retroceso que se está a producir nos dereitos laborais dos traballadores do ensino concertado. Desde FETE-UGT anunciamos que imos iniciar accións de presión, empezaremos por concetracións os próximos días 3 e 10 de maio, para lograr o cobro dos atrasos de 2006 e contra a discriminación laboral. [Ampliar]
- Na Rolda de Prensa interviron Paloma Martínez, Secretaria Federal do Ensino Privado, Mariano García, Secretario Xeral de FETE-UGT Galicia e Ana Lozano, Sec. do Ensino Privado de FETE-UGT Galicia. [Ampliar] |
| |
  |
| 28/03/2007 - NOVOS HorARIOS NON INCULCARÁN CONVENIO CONCERTADA |
A implantación do novo Calendario Escolar para o curso 2007-2008 non pode levar ao incumprimento do actual Convenio Colectivo en vigor para o Ensino Privado Concertado. FETE-UGT Galicia entrevistarase coa patronal e informrá ao profesorado. [Ampliar] |
| |
  |
| 28/03/2007 - UGT CLARIFICA A POSICIÓN NA NEGOCIACIÓN DO CALENDA ESC. |
Ante as informacións confusas que se están a producir, referidas á xornada e calendario escolar para o curso 2007/08, FETE-UGT quere clarificar a súa posición e o desenvolvemento real da negociación na MESA SECTORIAL, é as repercusións que inciden no profesorado do ensino público e do privado concertado. [Ampliar]
|
| |
  |
| 26/02/2007 - REUNIÓN CON G. PARLAMANTARIOS POLA ESTABILIDADE INTERINOS |
FETE-UGT de Galicia solicita, unha vez máis dos grupos parlamentarios, o inicio da negociación para un acordo de estabilidade dos interinos. Pide garantía de mantemento dos postos de traballo, en tanto non se negocie a estabilidade. [Ampliar] |
| |
  |
| 07/02/2007 - SÚMATE Á CONVIVENCIA PARA ACABAR CO ACOSO ESCOLAR |
FETE-UGT e a Fundación Telefónica suman esforzos para poñer en marcha o programa Súmate a la convivencia, unha iniciativa que pretende involucrar a toda a comunidade educativa no esforzo para acabar con calquera tipo de acoso escolar. [Ampliar]
· FETE-UGT comprometida coa mellora do noso sistema educativo, lanza este programa cunha mensaxe clara e positiva: co bullying pódese acabar. Para iso, o noso sindicato e a Fundación Telefónica presentan o portal: www.convivenciaescolar.org, que nace coa pretensión de chegar a ser un punto de encontro e intercambio de materiais e experiencias, así como un instrumento de axuda para que cada un dos membros da comunidade educativa poida enfrontar con éxito as situacións de acoso escolar. |
| |
  |
| 06/02/2007 - FETE-UGT POLA PREVENCIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR |
Logo de coñecer os datos do Informe sobre violencia escolar presentado polo Defensor del Pueblo, nos que se desprende unha clara diminución dos casos de agresións entre alumnos de ESO en relación ao mesmo informe do ano 2000, dende a Federación de Ensino de UGT Galicia, queremos sinalar que, se ben calquera acto de violencia escolar debe ser erradicado por completo dos centros educativos, ante a realidade dos feitos presentados neste informe debemos seguir traballando para acabar coa idea errónea de que os nosos centros educativos son inseguros. [Ampliar] |
| |
  |
| 02/02/2007 - CONCENTRACIÓN PROFESORADO INTERINO E SUBSTITUTO |
Como queira que a Sra Conselleira aínda non se dignou a recibirnos e ante a inminente negociación da oferta de emprego a Asemblea de Profesorado interino e substituto así como as organizacións que constituímos a Plataforma, decidimos emprender unha serie de accións comezando pola convocatoria dunha concentración en S. Caetano o mércores 7 de febreiro ás 12 da mañá. [Ampliar] |
| |
  |
| 30/01/2007 - FETE-UGT CONSEGUE A CONSTITUCIÓN DA MESA DA UNIV. |
A Consellería de Educación vén de comunicar a FETE-UGT Galica a constitución inmediata da Mesa Sectorial da Universidade. Nesta mesa poderemos negociar os diversos temas referentes ao persoal deuniversidades, tanto Persoal de Servizos como do Profesorado. Nela reivindicaremos o Estatuto do Persoal e Servizo das Universidades Galegas e o Decreto do Profesorado que terá que empezar a negociarse unha vez se aprobe a reforma da LOU e o Decreto Estatal do profesorado Universitario. [Ampliar]
|
| |
  |
| 16/01/2007 -
ENTREVISTA DE FETE-UGT GALICIA COA CONSELLEIRA DE EDU. |
A Conselleira Laura Sánchez Piñón mostrouse receptiva ás propostas de FETE-UGT Galicia. Comprometeuse a poñer en marcha o Plan de Convivencia Escolar, solicitado insistentemente pola FETE-UGT, (que presentará oficialmente o día 30 do mes que andamos, Día escolar da paz), en potenciar economicamente os Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino, a subir a gratificación por xubilación anticipada no que compete á Galicia e negociarase en breve, a cumprir os prazos establecidos para aboar a paga de antigüidade a todo o profesorado do ensino privado concertado que o ten reclamado, e a un aumento de prazas inmediato para coidadoras e coidadores nos centros. [Ampliar]
|
 - Fotografía dun momento da entrevista do Secretario Xeral, Mariano García, e do Secretario do Ensino Público, Raúl Gómez, de FETE-UGT Galicia coa Conselleira de Educación Laura Sánchez, na que estivo tamén presente o Secretario Xeral da Consellería, Benito Fernández.
|
| |
| |
|
| |
  |
| 18/12/2006 - FETE-UGT demanda MEDIOS E DILIXENCIA PARA POÑER EN MARCHA O PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR DE GALICIA. |
FETE-UGT Galicia ten dirixido escrito á Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria demandando dilixencia na posta en funcionamento das medidas do
Plan Integral de Mellora da Convivencia e sobre o proxecto de decreto da creación dos observatorios escolares. Esta organización, ademais, esixe a elaboración dun protocolo de actuación que sirva de folla de ruta para a casuística concreta de conflito escolar. [Ampliar]
|
| |
  |
| 14/11/2006 - FETE-UGT ESIXE QUE O DESENVOLVEMENTO DA LOE GARANTA A ATRIBUCIÓN HORARIA DE TODO O PROFESORADO. |
| FETE-UGT esixe ao MEC o cumprimento del punto décimo do Acordo de 20 de outubro, que incluímos como condición indispensable para a súa firma. [Ampliar] |
| |
  |
| 05/10/2006 - A FETE-UGT E O DÍA MUNDIAL DO DOCENTE |
No Día Mundial do Docente, FETE-UGT empraza ás Administracións a aumentar a inversión para garantir unha educación de calidade. [Ampliar]
|
| |
  |
| 08/09/2006 - VALORACIÓN INICIO CURSO ESCOLAR 2006-2007 |
A Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (FETE-UGT/Galicia), como vén sendo costume, emite este comunicado público para facer unha valoración do INICIO DO CURSO ESCOLAR e do panorama que se presenta no período lectivo que comezamos. [Ampliar] |
| |
  |
| 07/09/2006 - A CONSELLERIA NON CUMPRE OS SEUS COMPROMISOS |
FETE-UGT Galicia denuncia: "a Consellería de Educación non executa os seus compromisos cos traballadores do ensino privado concertado". [Ampliar] |
| |
  |
| 05/09/2006 - NON COMEZOU O ABOAMENTO DA PAGA DE ANTIGÜIDADE |
A Federación de Ensino da UGT (FETE-UGT) denuncia que a Consellería de Educación non comezou oaboamento da paga de antigüidade aos profesores de ensino privado concertado. [Ampliar] |
| |
  |
| 05/09/2006 - ESCOLARIZACIÓN DE FILLOS DE PROFESORES DA CONCERTADA |
A Federación de Ensino da UGT (FETE-UGT) esixe que se respecte o convenio nos casos de escolarización de fillos de profesoresde ensino concertado. [Ampliar] |
| |
  |
| 13/06/2006 - FETE-UGT APOIA A FOLGA DE INTERINOS DO DÍA 20 DE XUÑO |
FETE-UGT Galicia, tras a actitude pasiva de non negociación amosada pola Consellería de Educación, manifesta o seu apoio á xornada de folga do vindeiro 20 de xuño en defensa dos dereitos sociolaborais e pola consecución dun acordo que dignifique a este colectivo docente. [Ampliar] |
| |
  |
| 05/06/2006 - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA XUBILACIÓN LOE |
FETE-UGT de Galicia solicita da Consellería de Educación que dirixa carta persoal ao profesorado que ten dereito á xubilación LOE en convocatoria extraordinaria. [Ampliar] |
| |
  |
| 22/05/2006 - XESTIÓN DE LIBROS DE TEXTO NOS CENTROS ESCOLARES |
| FETE-UGT Galicia insta á Consellería de Educación a dotar xa, de persoal de administración e servizos para a xestión de libros de texto nos centros escolares. [Ampliar] |
| |
  |
| 19/05/2006 - FETE-UGT NON ASINA O XII CONVENIO DE DISCAPACIDADE |
A Federación de Ensino da UGT (FETE-UGT) non subscribiu o XII Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade. O Convenio foi asinado, o 16 de maio de 2006, por CC.OO. e as patronais AEDIS e FEACEM. [Ampliar] |
| |
  |
| 18/05/2006 - AS MEDIAS VERDADES DA CIG-ENSINO |
FETE-UGT entende que o comunicado do sindicato CIG Ensino no que trata de xustificar a súa sinatura do preacordo retributivo para os docentes públicos non universitarios é manipulador e enganoso. Criamos que a estratexia de apropiarse dos logros alleos só era patrimonio da dereita máis reaccionaria. Estábamos equivocados. [Ampliar] |
| |
  |
| 16/05/2006 - FIRMADO O PREACORDO RETRIBUTIVO PARA DOCENTES N/U |
Hoxe, na MESA sectorial de Educación, asinouse o Preacordo Retributivo entre a Consellería e todas as Organizacións Sindicais representativas do Profesorado galego:
- Comunicado de Prensa. [Ampliar] |
| |
  |
| 20/04/2006 - PRÓXIMAS AS NEGOCIACIÓNS CARA A ESTABILIDADE DOS INTERINOS |
FETE-UGT e as forzas sindicais convocantes da concentración de profesorado interino obteñen o compromiso verbal do secretario xeral da consellería de educación de iniciar as negociacións cara á estabilidade do profesorado interino. [Ampliar] |
| |
  |
| 18/04/2006 - CONCENTRACIÓN POLA ESTABILIDADE INTERINOS NA CONSELLERÍA |
| Na asemblea profesorado interino e substituto convocada pola plataforma (CIG-Ensino, FETE-UGT, STEG e ASOCIACIÓN PNNs de Galicia) o pasado día 7 de abril no IES Politécnico de Conxo de Santiago acordouse, entre outras medidas, facer unha CONCENTRACIÓN diante da Consellería en San Caetano, Santiago o día 19 de abril (mércores) ás 12:00 horas. [Ampliar] |
| |
  |
| 07/04/2006 - FETE-UGT GALICIA AVOGA POLA UNIDADE SINDICAL |
Os criterios da revisión retributiva non deben dividir ós representantes do profesorado. FETE-UGT Galicia avoga pola unidade sindical e bríndase a constituír unha proposta unitaria. [Ampliar] |
| |
  |
| 30/03/2006 - A CONSELLERÍA CONVOCA ÓS SINDICATOS DO ACORDO RETRIBUTIVO |
A Consellería de Educación convoca ós sindicatos asinantes do acordo retributivo de 2003 (CCCO, FETE-UGT, ANPE E CSI-CSIF) aunha reunión, para activala cláusula de revisión retributiva. [Ampliar] |
| |
  |
| 29/03/2006 - A PROPÓSITO DAS RETRIBUCIÓNS DO PROFESORADO GALEGO |
Xa veñen ahí os salvadores do país. Os que levan máis de 15 anos sen asinar nada para mellorar as condicións de traballo e as económicas do profesorado de ensino de centros non universitarios en Galicia. [Ampliar] |
| |
  |
| 24/03/2006 - FETE-UGT CONSEGUE QUE A ESO CONTINÚE NOS C.I. TRES CURSOS MÁIS |
A Consellería de Educación asume a proposta de FETE-UGT en relación coa implantación de Centros Integrados de Formación Profesional. [Ampliar] |
| |
  |
| 23/03/2006 - fete-ugt REXEITA QUE VIXÍEN DOCENTES PREVIO Á HORA DE ENTRADA |
FETE-UGT rexeita a proposta da CONFAPA para que os docentes vixíen ó alumnado previo ó horario de entrada ó centro. [Ampliar] |
| |
  |
| 23/03/2006 - fete-ugt PIDE ESFORZO NAS MEDIDAS DE APOIO Ó PROFESORADO |
| - A FETE-UGT pide ao MEC un maior esforzo na concreción de plans, estratexias e medidas de apoio ao profesorado no Plan de Convivencia. [Ampliar] |
| |
  |
| 15/03/2006 - OS CENTROS INTEGRADOS DE FP E A MOBILIDADE DO PROFESORADO |
FETE-UGT demanda un periodo transitorio e flexible para a implantación da rede de Centros Integrados de Formación Profesional. [Ampliar] |
| |
  |
| 23/02/2006 - FETE-UGT DEMANDA DIMINUCIÓN NO RATEO DO ENSINO PÚBLICO |
FETE-UGT Galicia demanda da Consellería de Educación unha diminución da rateo para aumentar a Oferta se Emprego Público para o profesorado. [Ampliar] |
| |
  |
| 20/02/2006 - REUNION CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO |
O secretario de ensino público de FETE-UGT de GALICIA, Raúl Gómez Farto, participa no seminario “La evaluación de la calidad en el sistema educativo” que tivo lugar na sede do consello escolar do estado en Madrid. [Ampliar] |
| |
  |
| 14/02/2006 - OBRIGADA A RESTITUÍR A DIRECCIÓN DO IES SAN CLEMENTE |
FETE-UGT de Galicia esixe a inmediata execución da sentenza 91/2006 do TSXG que obriga á Consellería de Educación e O.U. a restituír a dirección do IES S. CLEMENTE de Santiago. [Ampliar] |
| |
  |
| 07/02/2006 - REAL DECRETO DE ACCESO: PROPOSTAS DE FETE |
| Esixencias de FETE-UGT ante o novo Real Decreto de Acceso. [Ampliar] |
| |
  |
| 19/01/2006 - TRABALLADORA DESPEDIDA DEBE SER READMITIDA |
O Xulgado do Social número 2 de A Coruña declara a nulidade do despido da traballadora da Escola Infantil Luis Seoane. [Ampliar] |
| |
  |
| 18/01/2006 - REUNIÓN DA CONSELLEIRA CON REPRESENTANTES DOS MRPs |
A Conselleira de Educación da Xunta de Galicia, recebiu onte, día 17 de xaneiro ós representantes da Federación Galega da Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica (MRPs). [Ampliar]
- José Luis Fernández Díaz e Raúl Gómez Farto, representantes da Federación Galega de MRPs, con Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación. [Ampliar] |
| |
· · · COMUNICACIÓN - NOTAS DE PRENSA 2005 · · · |
| |
  |
| 22/12/2005 - I SIMPOSIO ALUMNADO INMIGRANTE: CONCLUSIÓNS |
Cento cincuenta e dous profesores e profesoras participaron no “I SIMPOSIO SOBRE ESCOLARIZACIÓN DE ALUMNADO INMIGRANTE” que tivo lugar en Santiago os días 19, 20 e 21 de decembro. [Ampliar] |
| |
  |
| 16/12/2005 - I SIMPOSIO ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO INMIGRANTE |
Máis de cen profesores e profesoras de toda Galicia participarán no "I Simposio de Escolarización do Alumnado Inmigrante" que dará comezo o póximo luns día 19. [Ampliar] |
| |
  |
| 13/12/2005 - CADA QUEN COAS SÚAS RESPONSABILIDADES. |
A FETE-UGT de Galicia desexa amosar a súa satisfacción de ter participado nas negociacións ao máis alto nivel, como interlocutor dos seus afiliados e dun amplo conxunto de docentes, para acadar un acordo de mínimos co MEC a desenvolver na futura lei de educación (LOE) e no tan esperado Estatuto da Función Docente. [Ampliar] |
| |
  |
| 11/12/2005 - 25 ANOS DE LOITA E REIVINDICACIÓN SINDICAL. |
A Federación de Traballadores e Traballadoras do Ensino da UGT de Galicia (FETE-UGT Galicia), vén de organizar o 25 aniversario da súa refundación os días 9 e 10 de decembro de 2005 na cidade de Santiago. [Ampliar] |
| |
  |
| 02/12/2005 - COMPROMISO DE DECRETO COMEDORES ESCOLARES. |
A Consellería de Educación comprométese coa FETE-UGT a elaborar un novo decreto de comedores escolares. [Ampliar] |
| |
  |
| 10/11/2005 - ACORDO concertada: AVANce CARA A EQUIPARACIÓN. |
O Acordo da Concertada recentemente firmado en Madrid entre o MEC e os Sindicatos representativos do ensino Concertado avanza cara á equiparación das condicións dos traballadores e traballadoras dos centros sostidos con fondos públicos. [Ampliar] |
| |
  |
| 11/11/2005 - COMPROMISO PAGA DE ANTIGÜIDADE. |
A FETE-UGT de Galicia obtén da Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, o compromiso para aboar a Paga de Antigüidade entre os anos 2005 e 2006. [Ampliar] |
| |
  |
| 08/11/2005 - REUNIÓN DO Sº XERAL DE FETE-UGT GALICIA COA CONSELLEIRA. |
A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, comprometeuse co Sº Xeral da Federación de Ensino da UGT (FETE-UGT), Mariano García González, a ACTIVAR A CLÁUSULA DE REVISIÓN SALARIAL DO ACORDO RETRIBUTIVO PARA O PROFESORADO GALEGO ASINADO NO ANO 2003 no primeiro trimestre do ano 2006. FETE-UGT fai unha valoración positiva e fructífera da reunión do Sº Xeral de FETE-UGT Galicia coa Conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón. Logo de presentadas as reivindicacións desta forza sindical á Conselleira, esta comprometeuse, ademais da revisión do ACORDO RETRIBUTIVO, a... [Ampliar] |
| |
  |
| 01/11/2005 - acordAdas melloras para o profesorado |
FETE UGT asina un acordo co MEC que mellora amplamente as condicións sociolaborais do profesorado. ¡¡SEGUIMOS SUMANDO AÍNDA MÁIS!! [Resumo] [Ampliar] |
| |
  |
| 13/10/2005 - A LOE REQUIRE MAIOR ESFORZO PRESUPOSTARIO |
A LOE require dun maior esforzo orzamentario para a súa eficaz posta en marcha. FETE-UGT GALICIA espera que a Comunidade Autónoma de Galicia realice o esforzo de financiamento necesario ata chegar a alcanzar o 6,1% do PIB, media da OCDE, seguindo a liña iniciada polo Goberno do Estado. [Ampliar]
|
| |
  |
| 05/10/2005 - DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES. |
| O día 5 de outubro, Día Mundial dos Docentes baixo o lema "Formación, a forza docente". [Ampliar] |
| |
  |
| 30/09/2005 - VALORACIÓN DO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2005-2006. |
| A FETE-UGT de Galicia, como cada ano, fai unha VALORACIÓN DO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2005-06 e do panorama que se presenta no período lectivo que comenzamos. [Ampliar] |
| |
  |
| 29/09/2005 - MELLORAR AS RETRIBUCIÓNS DOS DOCENTES. |
| FETE-UGT Galicia pedirá á Conselleira de Educación a revisión das retribucións dos docentes. [Ampliar] |
| |
  |
| 10/03/2005 - ENQUISA ENSINO PÚBLICO. |
Os resultados das enquisas realizadas por mais de 3000 profesores e profesoras do ensino público de Galicia durante o curso 2004-05 sinalan que o profesorado demanda aplastantemente a prórroga indefinida da xubilación aos 60 anos. [Ampliar] |
| |
| |
| |