| |
  |
12/12/2008 - CONVOCATORIA 2009 DOS PROGRAMAS COMENIUS, ERASMUS E OUTROS. |
FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Leonardo da Vinci, Erasmus, Grundtvig e Transversal (visitas de estudio) no marco do programa de aprendizaxe permanente 2009. [Ampliar]
>> DOCUMENTOS RELACIONADOS:
- Anexo I: Prazos de solicitude, períodos de realización das actividades e datas de finalización do proceso de selección.
- Anexo II: Documentación.
- Anexo III: Direccións das Administracións educativas ás que se debe remitir as solicitudes.
- Anexo IV: Criterios de Avaliación.
- Anexo VI: Modelo de listaxe de profesorado participante nos proxectos.
- Anexo VII: Créditos de formación do profesorado para as distintas accións.
- Anexo VIII: Relación de “Países e territorios de ultramar” establecidos na Decisión 2001/822/CE do Consello.
> NOTAS:
· O anexo V da convocatoria publicarase en breve.
· Os formularios de solicitude on-line estarán dispoñibles proximamente.
> > > Toda a información na web www.oapee.es
>> INFORMACIÓN RELACIONADA:
- Convocatoria axudas Erasmus e Suíza, (DOG, 09-12-08). |
| |
   |
02/12/2008 - DOG: CURSOS PREPARATORIOS PARA PROBAS CELGA 1, 2, 3 E 4, GRATIS. |
FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Resolución do 13 de novembro de 2008 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2009 (PR 104 B). [Ampliar]
> PRAZOS de presentación de solicitudes:
-Ata o día 30 de xaneiro de 2009, para particulares, para cursos programados entre marzo e xuño (primeira quenda).
-Ata o día 20 de xuño de 2009, para particulares, para cursos programados en xullo e/ou agosto de 2009 (segunda quenda).
-Ata o día 10 de setembro de 2009, para particulares, para cursos programados en outubro e novembro (terceira quenda).
-Ata o día 27 de febreiro de 2009, para colectivos, entidades e asociacións, para organizar cursos de abril a novembro de 2009.
· NOTA: Infórmase que as próximas probas se efectuarán os días 23, 24, 30 e 31 de maio e 21, 22, 28, 29 de novembro do 2009, para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.
|
| |
  |
30/10/2008 - CONVOCATORIA FINANZAMENTO PARA PLANS DE FORMACIÓN. |
| FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Orde do 24 de outubro de 2008 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. [Ampliar] |
| |
  |
14/10/2008 - AXUDAS PARA aCTIV. DE FORMACIÓN ORGANIZADAS POLOS Mrp. |
| FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Orde do 6 de outubro de 2008 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2008 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica ou polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos. [Ampliar] |
| |
  |
| 14/07/2008 - MODIFICACIÓN CURSOS GRATUITOS PARA PROBAS CELGA. |
FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Resolución do 7 de xullo de 2008 pola que se modifica a do 12 de febreiro pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2008 (PR 104 B). [Ampliar]
-
O PRAZO de presentación de solicitudes rematará dez días antes da data prevista para o inicio de cada curso, agás os do mes de xullo, que rematará tres días antes.
- Modelo de solicitude (para adultos).
> Enlace para consultar máis información sobre os cursos programados. |
| |
  |
19/02/2008 - CURSOS GRATUITOS de galego PREPARACIÓN PROBAS CELGA. |
| FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Resolución do 12 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Política Ligüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2008 (PR 104 B). [Ampliar] |
| |
  |
| 30/07/2007 - REGULAMENTO DOS CERTIFICADOS CELGA. |
| FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA). [Ampliar] |
| |
  |
| 11/04/2007 - REGULADA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO. |
FETE-UGT Galicia infórmache da publicación no DOG de hoxe da Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e innovación e das titulacións. [Ampliar]
- > Corrección de erros, (DOG, 13/12/07). [Ampliar]
|
| |
| |
  |
FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO
|
Orde do 3 de setembro de 2001 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións. [Ampliar] |
| |
| |
| |
|