A Federación de Traballadores do Ensino de UGT (FETE-UGT) constitúese coas suas actuais siglas en Abril de 1931, tendo como antecedentes a Asociación de Profesores Racionalistas (1909) e a Asociación General de Maestros (1912).
Nosa historia enraízase en plantexamentos ou reivindicacións que a pesar do paso dos anos mantéñense vivos na loita sindical. A defensa de unha educación pública de calidade inspirada nos principios de igualdade, solidaridade, liberdade e laicidade é unha constante que resume nosa traxectoria en paralelo á defensa dos intereses profesionais e laborais dos traballadores e traballadoras do ensino.
Esta federación é membro fundador da Internacional da Educación (IE) e afiliada ó Comité Sindical Europeo da Educación (CSEE).
Nosa organización sindical está implantada en tódolos niveis educativos, en tódalas Comunidades autónomas e provincias, o que permite unha acción sindical coherente e solidaria.
Loitamos por unha escola correctora de desigualdades, por un ensino gratuito, para que a educación esté ó servizo da sociedade.
Intervimos constantemente en tódolos problemas que afectan a tódolos traballadores e traballadoras do ensino, defendendo sempre as liberdades individuais e colectivas, e actuando sobre os poderes públicos e privados para que sexan respetadas.
Negociamos convenios colectivos e estamos en tódolas mesas sectoriais das administracións a nivel central e autonómico.
Traballamos pola mellor formación sindical, profesional e cultural dos nosos afiliados e afiliadas.
Xestionamos Formación Continua e ocupacional para os traballadores e traballadoras. |