  |
22/12/2008 - RESOLUCIÓN DO IV COMITÉ NACIONAL DE FETE-UGT/GALICIA
|
O IV COMITÉ NACIONAL DE FETE-UGT/GALICIA reunido en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2008, logo de realizar unha análise do desenvolvemento do actual sistema educativo en Galicia aprobou a seguinte resolución. [Ampliar]
|
| |
  |
05/12/2008 - FETE-UGT SOLICITA O RECOÑECEMENTO DE SEXENIOS PARA INTERINOS QUE PASEN A FUNCIONARIOS, SEN O RIQUISITO DAS HORAS DE FORMACIÓN. |
FETE-UGT ben de recibir a circular que se xunta para o recoñecemento de sexenios para interinos que pasen a funcionarios de carreira.
Esta organización sindical ten constancia de que existe profesorado interino que non tivo acceso á formación da Consellería de Educación, por isto, SOLICITAMOS que se acrediten os sexenios correspondentes ós servizos prestados como interinos SEN O RIQUISITO DAS 100 HORAS DE FORMACIÓN POR SEXENIO. [Ampliar]
|
| |
  |
03/12/2008 - FETE-UGT/GALICIA CONSEGUE A RECTIFICACIÓN SOLICITADA PARA DAR CUMPRIMENTO AO ACORDO DO PROFESORADO ITINERANTE. |
FETE-INFORMA: FETE-UGT/Galicia consegue a rectificación que tiña solicitado na entrevista coa Conselleira, do 28 de outubro, (e nun escrito previo) para dar cumprimento ao Acordo de Itinerantes, a través da circular 10/2008 da Secretaría Xeral da Consellería de Educación, sobre o profesorado itinerante. [Ampliar]
|
| |
  |
23/11/2008 - OS MESTRES PODERÁN PARTICIPAR NO CXT 08-09 POR TODAS AS SÚAS ESPECIALIDADES.
|
FETE-INFORMA: Os mestres das oposicións de 2007 poderán concursar pola especialidade de ingreso no Corpo e polas especialidades ás que están habilitados.
FETE-UGT presentou unha emenda na Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado para que neste próximo concurso, respectarase a redacción do RD 276/2007 e os mestres ingresados en 2007 concursasen polas habilitacións que tivesen; emenda que foi aceptada pola Administración. [Ampliar]
|
| |
  |
20/11/2008 - INFORME DA REUNIÓN DA PERMANENTE DO CONSELLO GALEGO DE FP.
|
No día de onte, 19 de novembro de 2008, celebrouse unha reuníon da Permanente do Cosello Galego da F.P. (CGFP), na Conselleira de Educación, na que se trataron, entre outros temas, o proxecto de Decreto dos Consellos Sociais dos Centros Integrados de FP, a aplicación do II Plan Galego de FP para 2009, as probas para a obtención de certificados de profesionalidade, as accións formativas para traballadores e traballadoras desempregadas, e a proposta de programación de cursos en convenio con varias empresas. [Ampliar]
-> DOCUMENTOS RELACIONADOS:
- Borrador da Orde de regulamento dos Consellos Sociais dos Centros Integrados de FP.
- Actuacións do II Plan Galego de FP para 2009.
- Borrador da Orde de probas para a obtención de certificados de profesionalidade.
- Borrador da Orde de accións formativas para traballadores e traballadoras desempregadas.
- Proposta de programación de cursos en convenio con varias empresas (do Plan FIP).
|
| |
  |
19/11/2008 - REFERENCIA DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE INTERINOS.
|
Nesta reunión, celebrada onte
día 18 de novembro ás 11 horas na Conselleira de Educación, o Secretario Xeral (que presideu a runión) toma a palabra para presentar os datos dos resultados das oposicións 2008 e nese intre fainos entrega de catro documentos.
O Subdirector xeral de persoal manifesta que a valoración que fai a administración deste período transitorio é positiva, dado que no curso 2006/2007 a porcentaxe de interinos era de máis do 10% e neste momento situámonos no 5,67%.
A FETE-UGT deixa constancia de varias incidencias, e demanda aclaración.
[Ampliar]
-> DOCUMENTOS ENTREGADOS polo S.X.:
1.- Interinos e substitutos aprobados no 2007 e 2008.
2.- Opositores interinos, substitutos e libres aprobados no 2008.
3.- Datos numéricos das oposicións 2008 (estatísticas) por corpos e especialidades.
4.- Efectivos que actualmente teñen contrato de interinidade.
|
| |
  |
03/11/2008 - O PROFESORADO QUE ACCEDA Ó CORPO DE CATEDRÁTICOS TERÁN EFECTOS ECONÓMICOS E ADMINISTRATIVOS DE 1º DE SETEMBRO DE 2008. |
Despois da entrevista mantida coa Conselleira de Educación e o Secretario Xeral o pasado martes 28 de outubro, e en relación co proceso de acceso ó corpo de catedráticos, esta organización sindical informa que o profesorado que acceda ó corpo de catedráticos terán efectos económicos e administrativos de 1º de setembro de 2008. [Ampliar]
|
| |
| |
| |
  |
29/10/2008 - MODIFICACIÓN PARA OBTER PRIMEIRO DESTINO DEFINITIVO NO CONCURSO DE TRASLADOS PARA OS MESTRES. |
A FETE-UGT acada, na reunión da Permanente do Consello Escolar do Estado de onte, mediante enmenda, que os Mestres que aínda non teñan destino definitivo podan obterlo por calquera das habilitacións que teñan acreditadas. [Ampliar]
|
| |
  |
28/10/2008 - ENTREVISTA DE FETE-UGT
COA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN. |
. - A Conselleira
de Educación
comprométese con FETE-UGT a convocar
a comisión
de seguimento do Acordo Retributivo. Dna. Laura Sánchez Piñón tamén se compromete, a petición de FETE-UGT, a cumprir o acordo asinado o 8 de xuño de 2008 completando os cadros de persoal dos centros de ensino Primario e Infantil. [Ampliar] |
| |
| |
  |
09/06/2008 - INSTRUCCIÓNS AOS CENTROS SOBRE A XORNADA ÚNICA. |
Instrucións da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa aos Centros sobre procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados publicado no DOG de 6 de xuño, 2008. [Ampliar]
> > Orde Xornada Única.-(DOG do 06-06-08) |
| |
  |
09/06/2008 - RESUMO DOS POSTOS OFERTADOS NAS OPOSICIÓNS GALESCOLAS. |
FETE-UGT Galicia informache de xeito resumido das prazas convocadas no proceso de acceso ás Galescolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. [Ampliar]
> > Convocatoria.- (DOG do 05-06-08) |
| |
  |
05/06/2008 - FETE-UGT DEMANDA A VALIDACIÓN DAS VOTACIÓNS X. ÚNICA. |
FETE-UGT PRESENTA Á DIRECIÓN XERAL DE ORDENACIÓN SOLICITUDE DE VALIDEZ DE VOTACIÓN DE PAIS/NAIS QUE CUMPLAN OS NOVOS RIQUISITOS SOBRE A IMPLANTACIÓN DA ÚNICA. [Ampliar]
>> Escrito presentado dirixido á
Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
|
| |
  |
06/05/2008 - CONVOCATORIA DE ASEMBLEA DO PROFESORADO DE SECUNDARIA . |
FETE-UGT Galicia CONVOCA a todo o profesorado de Secundaria a unha ASAMBLEA para mobilizacións pola ordenación de horarios do Bacharelato LOE en Galicia. [Ampliar]
LUGAR: CIFP "Monte de Conxo" - Santiago
DATA: 12 de maio de 2008
HORA: 19 horas.
|
| |
  |
06/05/2008 - FETE-UGT INFORMA: NOVO BORRADOR PARA XORNADA ÚNICA. |
FETE-UGT Galicia informache que a A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Eduativa presenta unha nova proposta que se debatirá na mesa sectorial proximamente A UGT maniféstalle á Directora que se cumpra o compromiso adquirido o 30 de abril de 2007 que obriga á Consellería a “flexibiliza-los” criterios para a implantación da única. [Ampliar]
> Novo BORRADOR da orde para a implantación da Xornada Única.
|
| |
MARZO - 2008 |
| |
  |
11/03/2008 - FETE-UGT PERSOASE COMO PARTE NO RECURSO INTERPOSTO POR AGOE. |
A Comisión Executiva de FETE-UGT Galicia acordou persoarse como PARTE no recurso, procedemento ordinario 537/2007, interposto pola
Asociación Galega de Opositores e Opositoras (AGOE), por coherencia e en defensa do profesorado afectado. [Ampliar]
|
| |
  |
04/03/2008 - RECURSO CONTRA ORDE APROBADOS OPOS. SECUNDARIA, GA-07. |
A Federación de Traballadores do Ensino de Galicia (FETE-UGT Galicia), perante as novas de que por parte da Asiciación de Opositores de Galicia se ten presentado recurso contra a orde que aproba o expediente do proceso de acceso os Corpos de Ensino Secundario da convocatoria 2007 de Galicia, fai os seguintes comunicados:
1)-A todos os afiliados e afiliadas que son profesores e profesoras en prácticas de Ensino Secundario no presente curso escolar. [Ampliar]
2)-A todos os profesores e profesoras en prácticas de Ensino Secundario no presente curso escolar. [Ampliar] |
| |
  |
| 13/02/2008 - FETE-UGT INFORMA-FEBREIRO, 2008: ENSINO PÚBLICO. |
FETE-UGT Galicia ven de publicar o Boletín Informativo de Febreiro 2008 cos seguintes contidos: "Táboa de Retribucións e Pensións 2008", "A Verdadeira Historia da Consecución das Pagas Extras ao 100%", "FETE-UGT é un Sindicato que se Define polo seu Carácter Negociador: a Consecución das Pagas Extras como Froito do Acordo do 28 de Xullo de 2007", "FETE-UGT Demanda da Consellería de Educación Criterios Razonabeis para a Xornada Única" e o "Borrador Definitivo das Condicións de Traballo do Profesorado Itinerante". [Ampliar1] > [Ampliar2] |
| |
  |
24/01/2008 - FETE-UGT CUMPLE O SEU PROGRAMA: PAGAS EXTRAS AO 100 %. |
A Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT), un sindicato que negocia en Madrid e en Galicia, cumple o seu programa. Esta é a verdadeira historia da consecución das pagas extras ao cen por cen. [Ampliar] |
| |
2007 |
| |
  |
| 08/10/2007 - FETE-UGT INFORMA- OUTUBRO-2007: ENSINO PÚBLICO. |
FETE-UGT Galicia ven de publicar un Boletín Informativo con temas de interés para todo o profesorado, no que se tratan, entre outros temas a "Valoración do inicio do curso ecorlar 2007-2008: a LOE chega ás aulas", e "Aclaracións de FETE-UGT sobre a aplicación das instruccións emitidas pola Inspección educativa para activar os acordos do 30 de abril e 8 de maio de 2007". [Ampliar] |
| |
  |
| 26/09/2007 - CADRO RESUMO LICENZAS E PERMISOS FUNCIONARIOS. |
FETE-UGT Galicia informache da actualización dos permisos e licenzas de acordo coa Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, a Lei 7/2007, do 12 de Abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a Igualdade de Mulleres e Homes, modificada pola Lei 2/2007, do 28 de Marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres en Galicia. [Ampliar] |
| |
  |
| 14/06/2007 -DÍPTICO INFORMATIVO, OPOSICIÓNS 2007. |
FETE-UGT Galicia pon a túa disposición un díptico informativo sobre as principais novidade do sitema transitorio de ingrso aos corpos docentes. [Ampliar] |
| |
  |
| 05/06/2007 - DATAS E HORAS inicio OPOSICIÓNS DOCENTES, GALICIA |
FETE-UGT Galicia infórmache das datas e horas ás da presentación e a primeira porba das oposcións aos corpos decentes de Mestres e Secundaria en Galicia. [Ampliar] |
| |
  |
| 30/05/2007 - NEGOCIACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE 30 DE ABRIL DE 2007,
CORPO DE MESTRES. |
FETE-UGT Informa das negociacións para o desenvolvemento do Acordo asinado o 30 de abril pasado coa Consellería, e que afectan básicamente ao corpo de Mestres. [Ampliar] |
| |
  |
| 18/05/2007 - ACLARACIÓNS SOBRE APLICACIÓN CALENDARIO ESCOLAR , 07-08 |
FETE-UGT Galicia ponse á túa disposición para as aclaracións en relación á INSTRUCCIÓN do Delegado da Consell. de Educ. sobre a aplicación do Calendario Escolar 2007-2008. [Ampliar]
>> INSTRUCIÓN do Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre a aplicación da Orde do 9 de abril de 2007 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2007/2008, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. [Ampliar] |
| |
  |
| 07/04/2007 - HORARIO DA ESO TRANSACIONADO NO CEG A PROPOSTA DE UGT |
FETE-UGT agarda que esta proposta sexa asumida pola
Consellería. A Consellería solicitou tempo para facer unha nova proposta perante esta
situación, e vaise resolver no Consello Escolar do día 13 do mes que
andamos. [Ampliar] |
| |
| |
MARZO 2007 |
| |
  |
| 27/03/2007 - AMPLÍASE PERMISO PATERNIDADE, 15 DÍAS, FUNCIONARIOS |
FETE-UGT INFORMA que A Lei Orgánica 3/2007, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes (BOE de 23-3-07), introduciu unha importante modificación na Lei 30/84 de Medidas para a Reforma da Función Pública, pola cal amplíase a 15 días o Permiso por Nacemento, Acollemento ou Adopción dun fillo. [Ampliar] |
| |
  |
| 27/03/2007 - SUSPENSIÓN DO CONTRATO POR PATERNIDADE, LABORAIS |
FETE-UGT INFORMA que A Lei Orgánica 3/2007, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes (BOE de 23-03-07), introduciu unha importante modificación no Estatuto dos Traballadores (mediante a creación dun novo artigo 48 bis), pola cal crease a figura da “Suspensión do Contrato de Traballo por Paternidade”. [Ampliar] |
| |
  |
| 05/03/2006 - FETE-UGT INFORMA marzo-2007, ENSINO PÚBLICO. |
FETE-UGT Galicia ven de publicar un Boletín Informativo con temas de interés para todo o profesorado.
- Sumario: [Ampliar]
- Taboas salarial, Interinos, Convivencia escolar: [Ampliar1]
- Modificacións ao RD de ingreso, Cadro das Pensións: [Ampliar2]
- Entrevista de FETE.UGT coa Conselleira de Educación: [Ampliar3]
- Actividades de Formación de FETE-UGT 2007: [Ampliar4] |
| |
  |
| 07/02/2007 - MODIFICACIÓNS NO BORRADOR DO RD DE ACCESO |
| FETE-UGT Galicia infórmache das modificacións que se veñen de introducir no ultimo borrador do RD de Acceso nalgunhas disposicións e artigos. [Ampliar] |
| |
| |
2006 |
| |
  |
| 08/11/2006 - |
O PROFESORADO galego cobrou nestes tres últimos anos 5.286 Euros (E.Primaria) e 6.000 Euros (E.Secundaria) grazas aos acordos que non asinou a CIG. (Cada quen no seu lugar).
Detalle do que cobraron os docentes de Galicia grazas aos acordos asinados por FETE-UGT en Madrid (pagas extras) e en Galicia (Acordo retributivo do 2003), a 31 de decembro de 2006. [Ampliar] |
| |
  |
| 25/10/2006 - CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS DE fete-ugt EN MADRID |
FETE-UGT solicita ao Ministerio de Educación que debe cumprir cos seus compromisos. [Ampliar]
- Foto da concentración. [Ampliar] |
| |
  |
| 18/10/2006 - CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS EN MADRID: 25-OUTUBRO |
FETE-UGT Galicia informache da Concentración de Delegados Sindicais en Madrid, para o proximo 25 de outubro. FETE-UGT reivindica, entre outros temas: -Complemento de 60€ para todos. -Promoción profesional efectiva. -Estatuto Docente consensuado co profesorado. [Ampliar] |
| |
  |
| 19/06/2006 - ESTATUTO DOCENTE: O MEC ACCEDE A UN MAIOR PRAZO |
| FETE-UGT mostra a súa satisfacción porque o MEC aceptou o enfoque de dispoñer dun maior prazo de tempo para levar a cabo a negociación e o debate arredor do futuro Estatuto Docente. [Ampliar] |
| |
  |
| 30/05/2006 - FETE-UGT INFORMA, MAIO-2006 |
Nesta edición de MaIo-2006 do boletín FETE-UGT INFORMA de Pública podes atopar unha breve historia das negociacións, lideradas pola UGT, que levaron á sinatura do preacordo retributivo pola Administracións e todas as Organizacións Sindicais, e outras informacións de interés. [Acceder1] [Acceder2] |
| |
  |
| 05/04/2006 - A PROPÓSITO DAS RETRIBUCIÓNS DO PROFESORADO GALEGO |
| FETE-UGT Galicia considera que a Cláusula de Revisión Salarial do Acordo económico asinado no 2003 é a porta aberta para que o profesorado galego non universitario mellore as súas retribucións. [Ampliar] |
| |
| |
  |
| 21/03/2006 - ENMENDA SOBRE O ACCESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE |
A emenda aprobada no senado sobre o acceso á función pública docente coincide coa adenda de fete-ugt no acordo mec-sindicatos de 20 de outubro. [Ampliar] |
| |
  |
| 13/03/2006 - LEI DE GARANTIA DE IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES |
- FETE-UGT adianta un resumo sobre contidos de carácter xeral do Anteproxecto de Lei de Garantía de Igualdade entre Homes e Mulleres. [Ampliar]
- Texto completo da Lei. [Ampliar] |
| |
  |
| 01/03/2006 - FETE-UGT INFORMA, MARZO-2006 |
| Podes consultar a edición de Marzo-2006 do FETE-UGT INFORMA de Públicas no que tratamos diferentes temas de interés para tódolos docentes. [Acceder-1] [Acceder_2] [Acceder-3] |
| |
  |
| 20/02/2006 - REUNION CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO |
O secretario de ensino público de FETE-UGT de GALICIA, Raúl Gómez Farto, participa no seminario “La evaluación de la calidad en el sistema educativo” que tivo lugar na sede do consello escolar do estado en Madrid. [Ampliar] |
| |
  |
| 23/11/2005 - ACORDO MELLORAS PROFESORADO |
| FETE-UGT asina un acordo co MEC coas seguintes melloras sociolaborais: [Ampliar] |
| |
  |
| 01/11/2005 - fete ugt informa - boletÍn de informaciÓn sindical. |
Boletín de información sindical da Federación do Ensino da UGT de Galicia coa seguinte temática: Acordo asinado pola FETE-UGT e o MEC que mellora as condicións sociolaborais do profesorado. FETE UGT Galicia reclama: a LOE require dun maior esforzo orzamentario para a súa eficaz posta en marcha. Retribucións ano 2006. Acordo retributivo acadado en Madrid. Acordo en Galicia. ¡¡SEGUIMOS SUMANDO!!. Resumo da Mesa Sectorial da Educación do día 06/10/2005. Concurso de traslados de mestres 2005. Día Mundial dos Docentes. FETE UGT Galicia na prensa. [Páx.1]-[Páx.2]-[Páx.3]-[Páx.4]-[Páx.5]-[Páx.6]-[Páx.7]-[Páx.8] (pdf - aprox. 800 KB cada arquivo.) |
| |
  |
| 24/10/2003 - NÚMEROS DO ACORDO RETRIBUTIVO |
| Estudo global do que cobrará a máis un mestre a 31/12/2006 por mor do acordo. [Ampliar] |
| |
| |
| |
| |
| |