Recoñecendo como prioritaria a acción sindical e reivindicativa de UGT, un complemento fundamental da nosa relación cos afiliados é a articulación de ofertas de servizos tanto do ámbito sindical como de necesidades básicas de consumo.
Os servizos prioritarios son aqueles vinculados ou complementarios necesarios da nosa acción sindical e da negociación colectiva, así como os que proveñen de acordos de participación ou coxestión de servizos públicos.
Se ben as ofertas de determinados servizos teñen un carácter universal para todos os traballadores, como as que articulamos no ámbito da formación, o emprego ou a protección social, sen embargo debemos propoñernos en todo momento a discriminación positiva a favor dos afiliados, ou incluso a exclusividade cando esta sexa necesaria.
A estrutura dos servizos prestados polo Sindicato divídese en dúas áreas: os básicos relacionados coa acción sindical e os complementarios relacionados coa demanda de servizos de consumo.
1. SERVIZOS BÁSICOS
1.1. Servizos Xurídicos.
1.2. Formación e Emprego.
1.3. Previsión Social.
2. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
2.1. Ocio, Tempo libre e Cultura.
2.2. Servicios de Financiamento.
2.3. Vivenda.
2.4. Saúde.
2.5. Outros Servizos.
2.6. Fundacións.
A estes servizos accédese coa presentación do carné de afiliado ou acreditación de pago a traveso do desconto bancario ou en nómina.
[Ampliar información] ( pdf - castelán - 1.05 MB ) [Afiliarse] |